Como Facer Pan. As fariñas

Facer pan as fariñas que teríamos que coñecer e saber usar .

Como é costume no Marujamaria, hoxe imos falarvos sobor unhas grandes descoñecidas, aínda que fannos compaña dende prácticamente os albores do lume.

Trataremos de explicarvos as fariñas e a sua mellor utilización.

Unha maneira práctica de clasificar as mais utilizadas

facer pan fariña de trigo garmínea de trigo

Tipos de fariñas

Con glute (grupo a)Sen glute (grupo b)
Fariña de trigofariña de arroz
Fariña de espelta é un tipo de trigo antigo sen hibridarfariña de garavanzo
Fariña de escanda tamén un trigo antigo moi saboroso
Fariña de kamut ou trigo exipcio fariña moi sabrosa e de lixeiro sabor doce fai moi bo pan
Fariña de trigo sarraceno cereal moi nutritivo utilizado en centro europa e Francia.
Fariña de centeo fariña moi nutritiva e de forte sabor cun contido en glute baixo, boa base para facer masa nai.Fariña de mijo un dos cereais mais nutritivos e de sinxela dixestión.
Fariña de cebada con este cereal obtense a cervexa.Fariña de millo
Fariña de avea esta ten un contido moi baixiño de glute en usa. clasificana nas de sen glute.Fariña de teff ceral moi nutritivoFariña de quinoa un seudo cereal clasificado entre os super alimentosFariña de soia un cereal altamente nutritivo amplamente utilizado no continente asiático.Fariña de castaña

Maneira de usalas

facer pan fariña  centeo integral e gramínea de centeo

Para facer pan as fariñas con glute son moi apropiadas

As fariñas con glute (grupo a ), a sua  principal característica é que se pode facer moi bo pan e masas con elas, agás as do grupo en negriña que o ter unha proporción moi pequena desta proteína panifican peor.

Polo que soen misturarse coas do grupo de enrriba, para que o pan saia mellor e as masas sexan mais doadas de traballar .

facer pan fariña millo marelo

Fariñas sen glute

As fariñas sen glute, unha das maneiras de facer pan con elas é engadirlle emulxentes químicos: royal, cremor tártaro (bicarbonato +zume de limón.)

Ou xemas e claras de ovo montadas para que a masa colla aire e esponxe.

Truquiños para facer pan con fariñas sen glute ou baixas en glute

Como soe facerse moi seco despois de cocido , alguns trucos para que saian mais humediños os pans

  • podemos engadirlle chia remollada, axudaralle a ter humidade
  • queixo crema, aceite ou manteiga. As grasas proporcionaranlle untuosidade e melosidade
  • yogurte..daralle humidade e farao mais nutritivo.

Tamén temos que ter enconta que a estas fariñas teremos que axudarlles a suflar con levedos químicos tipo royal, cremor tártaro,claras de ovo a punto neve …

  A característica mais importante deste grupo (grupo b) é que contén algunhas das fariñas mais sáns e nutritivas que podemos atopar na natureza.  

Tipos de pan mais habituais

  • Pan de trigo integral ou branco
  • Pan de espelta
  • Pan de escanda
  • Pan de millo
  • Pan de centeo
  • Pan de trigo sarraceno
  • Pan multicereais
  • Fora do noso país podes atopar pan con outros cereais menos comuns entre nos, os anteriormente sinalados podelos atopar con bastante facilidad en panaderìas nacionais.
facer pan as fariñas

Facer pan .¿ Fariñas integrais ou sen ser integrais ?

Algo mais a ter en conta e o grao de extracción da fariña, canto mais alto sexa quere decir que é mais integral, polo tanto mais saborosa e alimenticia.

Por exemplo, se queremos facer postres lixeiros, utilizaremos fariñas cun grao de extraccion baixo (fariñas brancas ou semiintegrais).

Facer pan Fariñas de forza ou non ?

Outro dato ė a forza das fariñas, iso ven a significar que a mais forza mais glute polo tanto panifica moito mellor, a masa vai levedar moito ligará mais , e por contra a fariña é menos saborosa.

As fariñas con menos glute soen ser mais saborosas( Espelta, kamut,escanda….).

Cales son enton as fariñas que mellor resultado dan

Bueno, como dixemos as fariñas de trigos antigos sen hibridar ou moi pouco hibridadas tipo (escanda ,espelta,kamut…) van dar pan moi saborosos e nutritivos con un contido en glute mais baixo.)

As fariñas baixas en glute ou sen glute tamén dan pans ricos pero pouco humidos e con tendencia a desfarelarse por o que é convinte tercialos con fariñas trigas ou engadirlles manteigas , chia remollada ,aceite de oliva ,cabaza rallada…para proporcionarlles humidade e liga xa que así seranos mais doado traballar con elas .

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa cookies para mejorar tu experiencia de compra .